No galifeis coñecémonos todos

Dime o LittleCandles que teño que publicalo pero xa. Que tanto ten que nos cabreáramos polo galifeis, que xa haberá tempo para reconciliarnos cunhas Estrellas fugaces, que tanto ten que o tomemos medio en broma cando resulta que é un asunto ben serio, que tanto ten que non nos coñezamos de nada os amigos do galifeis porque a verdade é que non, que todo o contrario, que no fondo coñecémonos todo (apréciese ata aquí a sucesión de palabros que queren dicir exactamente, tamén, o que di o seu antónimo). Dime que mola, que tome posicións, que rexistre o palabro, que estou feito un neoloxista de carallo, “galifeis, mola, mola moito”, dime, e como calquera apoio dun amigo analóxico anima a un a seguir escribindo mil veces máis que o dun millón de amigos no galifeis, (sobre todo se o que se escribe son babecadas), pois alá vou.

E ademáis, como non queres o prestixio dos perdedores, LittleCandles, deséxoche, como ti pides, ser un Briatore cargado de pasta (pero en billetes, non en bolsa por italiano que foses, ou en todo caso en bolsas de billetes ou en bolsa de valores) e fama, deséxoche ser un Briatore sancionado a perpetuidade con riqueza e castigado sen traballar. Para que vexas que creo que o que pasou polo galifeis non debe ter importancia na nosa relación analóxica. (Insisto no de óxica, porsis).

Quen lle ía dicir a Roberto Carlos que o seu desexo estaba tan cerca, ¿eh, Little Candles? Pois quen sabe, se cadra o teu tamén, así que anda con ollo, xa sabes que hai que ter coidado co que se desexa. Coidado con ese ensaio histórico; coidado con esa canción; coidado con esa primitiva sen sellar que levas no peto. Que te vexo Briatore. Logo xa poderás dicir nas interviús iso de que queres “A ver que tal!?” no teu epitafio, pero terás aínda moita menos gracia. Polo menos para min. Sobre todo despois de que cho escriban.

————————————————————

PD: Perdoa que cho diga, Little Candles, pero o último parágrafo que mandaches non penso publicalo, non me atrevo. Ese de:

“No galifeis coñecémonos todos”, dis. Gústame, sobre todo para pasarllo polos fuciños aos urbanitas de merda, maioría no galifeis, que fuxen das vilas e aldeas porque “alí coñécense todos e todos queren saber da túa vida”. No galifeis ninguén quere saber da túa vida…  ¡porque xa lla contas ti de seguido! Saben ata cando vas cagar, mecagondiós! Hala, faite un post con esto, a ver que pasa.

Non o fago porque creo que aí, na túa liña, pasácheste un pouco.

PD2: Agora que premo no botón publicar e penso que o post é teu, vén sendo, e galifeis é meu, virá, lembro a frase da infancia para os “correveidiles”: “¡E merda para o correo que vai e vén”, dirás… ¡LittleCabron!

PD3: Ábrete un bló e déixame en paz, LittleCandles. E conta ti a do rato e a da monxa. Que eu teño que traballar.

Tags: , , ,

14 Responses to “No galifeis coñecémonos todos”

  1. De la Highway 61 di:

    Moi ben, moi ben. Rubén & LittleCandles makin’ friends again! Isto vai rematar mal, pero seguro.
    Agora ben, o de Galifeis é impresionante. Peazo neoloxismo! O peor é que non se me ocorreu a min. Rexistra iso pero xa.
    E si, ben sei que o LittleCandles de maior quere ser como Briatore. Tamén sei que de segunda opción ten ao Nota do Gran Lebowsky. Non sei porqué, pero vai ser a segunda opción. Dáme que si. Leva camiño.
    E o do epitafio “A ver que tal!”… Como se lles ocorren esas tonterías? Por qué non se me ocorrerán a min? Vostedes non traballan? Manda carallo.

  2. Eu de todo isto só conclúo unha cousa: os urbanitas están moi ben onde están, que as aldeas son cada día menos aldea e máis urbanización por causa dos urbanitas aos que cren que lles gusta vivir na aldea, cando o único que queren é un pouco de espazo para plantar un churrasco e unha piscina e logo moléstalles o canto do galo, o latir dos cans, o berro do porco na matanza (a min iso dóeme, non me molesta), que haxa bicharada en xeral e até a chuva e o vento.
    En canto ao “galifeis”, é unha palabra linda, cuxo singular, polo teor do desabafo, deduzo, debe de ser galifel. Poeta, que é vostede un poeta medieval, r.r. (isto é eloxio no meu idiolecto, por se non lle queda claro).

  3. r.r. di:

    Sun, sen faltar, idiolecto tu padre. E sobre o dos urbanitas que describes, ese son eu, meu. Pero estoume curtindo ós poucos. O LitelCandels xa o dixo para faltarme, pero eu publiqueino por facer parecer que non estaba ofendido.

    DlH61: Sonlle así as entendedeiras do Litelcandles, Míster Master. “A ver que tal!”; manífico, ¿que non? É que o home élle así, do manífico o peífico sen pasar nunca polo cerebro.

  4. r.r. di:

    ¿Dixen eu iso? Non, o de piscina e churrasco que non que non. Aí non me vexo retratado.

  5. arume dos piñeiros di:

    I’m gonna defecate now. Que sodes uns ciumentos: mimá como sodes os de campo. Que hai que avisarvos sempre.
    Anti spam nin feito a propos: the fauna.

  6. De la Highway 61 di:

    He’s defacatin’ now, I know. It’s not a coña, it’s true. And when I say now, is now, in this very moment.
    Defecation probably dedicated to Rubén & LittleCandle, of course.

  7. Pois eu débolles ser urbanita de máis porque non me cosco do que raxan estes ghichos…

  8. r.r. di:

    Non nos coscamos nin nós, Míster Landis. O conto era que entre tanta historia incomprensible resaltase o epitafio de LittleCandles e o neoloxismo Galifeis, pero está claro que este post é un fracaso. Menos mal que véu xente a tomarlle unha Estrella fugaz con nós, porque é que se non…

    Lord of the Pines: zenks! (remember the chain).

  9. De la Highway 61 di:

    Coscarse? De qué? A culpa é do r.r., que se lía. Xa lle dixen que non se habían enterar máis que el mesmo e o LittleCandles. Por outra banda, equivoqueime cando lles dixen que non lles ía facer caso nin Dylan.
    A vostede, Mr. Landis, que lle parece o de “galifeis” como neoloxísmo para a división do feisbú galego? E o de “A ver que tal!” como epitafio? Eis a cuestión.

  10. A min o de A ver que tal paréceme un comezo non un epitafio. É o galifeis sentíndoo moito non consegue convencerme de todo.

    Si, sonlles negativo.

    (P.S.: que contradición comezar esa última frase afirmando)

  11. De la Highway 61 di:

    Mola, Mr. Landis: “Si, si, son moi negativo”. Está ben.
    Onte despois de apagar o aparato ocorréuseme esta outra xilipoiez, a ver se esta vez acerto e lle gusta: “13 de novembro. San Estanislao de Kostka, patrón dos que non se lles escapa unha”.

  12. r.r. di:

    Señor dlH61: dígolle ó mesmo que a LittleCandles: ábrase un bló, ou polo menos repoña ás cervexas do moblebar cando veña a esta tasca.

    Mister Landis: o epitafio, se fose un tipo con vontade, eu roubáballo de hoxe para mañá. Pero prefiro seguir perdendo o tempo. Para quen teña claro que nada, pois non, pero para os que albergamos a esperanza de seguir fantasmeando unha vez morridos, ¡home non me diga!

  13. r.r. di:

    MisterLandis: do neoloxismo galifeis xa non lle digo nada porque a enquisa vai como o cu e é evidente que non vai funcionar. Ocorréuseme porque se cadra eu son o único, o rarecho, e o resto da xente fala con xente de todo o mundo.

  14. De la Highway 61 di:

    Que xa lles dixen eu que non lles ía facer caso nin diooooooooooooooooooos. Que non me fan caaaaaaaaaaaaaaaaaaso. Vostede e o LittleCandle ao seu, sen dar a vara. Así, xilipoiez a xilipoiez (mire letra por letra que cousa tan rara), xa fixeron carrera más dun e de dous.

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…