O informe Maalouf en De Paso

Logo do mal trago dos primeiros parágrafos, o post en De Paso é para lembrar (como case sempre). E iso que sigo sen dar sabido que *%&$! significa “deleiba”…

4 Responses to “O informe Maalouf en De Paso”

  1. Eu também non che podo axudar co de “deleiba”, e iso que acabo de corrixir un dicionario enteiro (e iso significa, entre outras cousas, lelo moi atentamente). Pero vou ler o texto de De Paso e igual de paso descubro o que significa. Porque agora, nin que sexa só polo palabro, deixáchesme intrigada (cadaquén ten as súas loucuras).

  2. Pronto: “Calamidade, caos, catástrofe, deleiba, desastre, desfeita, desgraza…”. Imaxino que xa o sabe, r.r., pero como eu non o sabía, dígollo polo si ou polo non: é a tradución do título dun ensaio de Amin Maalouf: A deleiba do mundo. De nada.

  3. Ian di:

    Eu tampouco sabía e despois de bater co ensaio de Maalouf seguín os mesmos rastros que Sun Iou Miou. Digo eu que un libro que nos recupera unha palabra como esa debe ser lido. 🙂

  4. Concordo, Ian. E este asunto suxíreme un textiño, aínda que por outros camiños. Hmmm… (agora o que preciso é encontrar vagar para escribilo.)

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…