Queremos Culturgal 09 (1)

queremos-culturgal-09

Á vista de que pintan bastos, aí atrás Tati Mancebo (eu polo menos bótolle a culpa a ela) decidiu que este ano o Culturgal ha de facerse polas bravas. Dada a actitude de partida e por causa do apelido entre outros motivos, parece que a concelleira de cultura da Coruña xa se apuntou. E con elas outros sete centos, entre eles eu, que non sei cantas horas dedicar nin en que.

Para arrincar, hoxe púxenme a colaborar cos meus quince primeiros minutos de tempo, encirrado polos que seguen pensando que todo é cuestión de pasta (non poño ligazón que eu deses teño catro ou cinco e logo cabréanseme). E déuseme pola informática cutre. Quen queira poñer un enlace ó bló da plataforma “Queremos Culturgal 09” no seu bló de Blogaliza que copie e pegue este código:

<a href=”http://www.queremoscultura.blogaliza.org”><img src=”http://aliciacrece.blogaliza.org/files/2009/09/queremos-culturgal-09-pequena.jpg”></a>

Vaille quedar igualiño que este da dereita (con perdón) de Alicia Crece.

¿O xeito?: Taboleiro/Widgets/Texto (engadir). E logo copiar e pegar o código e gardar cambios.

E se aínda estades no Blogger (non sabedes o que vos perdedes, agora mesmo temos axuda en vivo cando estamos editando “poses” como posesos): Engadir gadget/Imaxe. Onde pon “enlace” pegar o enderezo da páxina: http://queremoscultura.blogaliza.org/

E onde pon “Imaxe dende a web”: http://aliciacrece.blogaliza.org/files/2009/09/queremos-culturgal-09-pequena.jpg

Se estades noutros servidores ou comosechamen, ide pedir axuda a outro. Que dixen que hoxe ían os primeiros quince minutos. Iso si, como son amolecido de intencións, quen necesite unha imaxe de maior ou menor tamaño, que pida por eses dedos e mandarei o código. Se é que non se me dá por pegalos aquí.

Para probar se funciona, clicade aí ó lado, onde pon “queremos culturgal 09” e apuntade unhas cantas horiñas.

……………………………………………

PD: Seguro que isto pode facerse máis doadamente, pero os voluntarios que queremos cultura somosche así de revirados.

PD2: Tati, estes quince minutos non mos apuntes 😉

One Response to “Queremos Culturgal 09 (1)”

  1. Obrigado pola colaboración. Eu xa aproveitei o banner.

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…