Archive for the ‘Carta de amor’ Category

No galifeis coñecémonos todos

Dime o LittleCandles que teño que publicalo pero xa. Que tanto ten que nos cabreáramos polo galifeis, que xa haberá tempo para reconciliarnos cunhas Estrellas fugaces, que tanto ten que o tomemos medio en broma cando resulta que é un asunto ben serio, que tanto ten que non nos coñezamos de nada os amigos do galifeis porque a verdade é que non, que todo o contrario, que no fondo coñecémonos todo (apréciese ata aquí a sucesión de palabros que queren dicir exactamente, tamén, o que di o seu antónimo). Dime que mola, que tome posicións, que rexistre o palabro, que estou feito un neoloxista de carallo, “galifeis, mola, mola moito”, dime, e como calquera apoio dun amigo analóxico anima a un a seguir escribindo mil veces máis que o dun millón de amigos no galifeis, (sobre todo se o que se escribe son babecadas), pois alá vou.

E ademáis, como non queres o prestixio dos perdedores, LittleCandles, deséxoche, como ti pides, ser un Briatore cargado de pasta (pero en billetes, non en bolsa por italiano que foses, ou en todo caso en bolsas de billetes ou en bolsa de valores) e fama, deséxoche ser un Briatore sancionado a perpetuidade con riqueza e castigado sen traballar. Para que vexas que creo que o que pasou polo galifeis non debe ter importancia na nosa relación analóxica. (Insisto no de óxica, porsis).

Quen lle ía dicir a Roberto Carlos que o seu desexo estaba tan cerca, ¿eh, Little Candles? Pois quen sabe, se cadra o teu tamén, así que anda con ollo, xa sabes que hai que ter coidado co que se desexa. Coidado con ese ensaio histórico; coidado con esa canción; coidado con esa primitiva sen sellar que levas no peto. Que te vexo Briatore. Logo xa poderás dicir nas interviús iso de que queres “A ver que tal!?” no teu epitafio, pero terás aínda moita menos gracia. Polo menos para min. Sobre todo despois de que cho escriban.

————————————————————

PD: Perdoa que cho diga, Little Candles, pero o último parágrafo que mandaches non penso publicalo, non me atrevo. Ese de:

“No galifeis coñecémonos todos”, dis. Gústame, sobre todo para pasarllo polos fuciños aos urbanitas de merda, maioría no galifeis, que fuxen das vilas e aldeas porque “alí coñécense todos e todos queren saber da túa vida”. No galifeis ninguén quere saber da túa vida…  ¡porque xa lla contas ti de seguido! Saben ata cando vas cagar, mecagondiós! Hala, faite un post con esto, a ver que pasa.

Non o fago porque creo que aí, na túa liña, pasácheste un pouco.

PD2: Agora que premo no botón publicar e penso que o post é teu, vén sendo, e galifeis é meu, virá, lembro a frase da infancia para os “correveidiles”: “¡E merda para o correo que vai e vén”, dirás… ¡LittleCabron!

PD3: Ábrete un bló e déixame en paz, LittleCandles. E conta ti a do rato e a da monxa. Que eu teño que traballar.

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…