Calcetíns

Un día no Carreful unha señora ben simpática á que teño en alta estima agardaba na cola da caixa a carón do seu home. Aburrida, achegouse ó corredor de andeis máis cercano que tiña roupa interior masculina. Perdeuse nel. Regresou cun par de calcetíns en cada man.
– ¡Carlos! -berrou dende a boca do corredor – ¿Cuáles te gustan más?
– Os azules – contestou Carlos sen mudar o cómodo punto de apoio no carro cheo. E volveu mirar as cores e prezos dos chicles, das pilas, das máquinas de afeitar…
Ó pouco apareceu a señora cos calcetíns grises na man.
– Díxenche os azules.
Era sólo por saber tu opinión.
——————————————————-
P.D.: A miña opinión sobre o asunto vai medrando no bló do único señor que coñezo que segue resistíndose a ter conta no feisbu. E no meu propio feisbu. (Si, Folerpa, ¡caín!)
P.D.2: O título completo do post é “Calcetíns (ó xeito -quen me dera -das Historias Asombrosas Pero Verdadeiras do señor Náufrago)”
P.D.3: Atención ó pé de foto suliñado.

9 Responses to “Calcetíns”

  1. náufrago di:

    Pois a ver se o pé de foto se respecta.

  2. náufrago di:

    Pois a ver se é verdade o que di o pé de foto.

  3. r.r. di:

    Non entendía moi ben o seu comentario, señor Náufrago, ata que vin o titular do Faro de Vigo. Se na redacción da nova na Voz hai aspectos sospeitosos, o titular do asunto nese xornal é vergoñento (¡e aparece na primeira plana!)

    http://www.farodevigo.es/galicia/2009/08/01/mayoria-padres-prefiere-hijos-estudien-castellano-primaria-secundaria/354264.html

  4. r.r. di:

    Está claro: ademáis ós calcetíns pódeselles dar a volta… E aínda que queden coas costuras para fóra case ninguén se decata.

  5. suroeste di:

    Hai quen ten a cara dura de vender os calcetíns furados!

  6. r.r. di:

    Ou os de acrílico por algodón ó dobre de prezo.

  7. A opinión que se deixe aquí é vinculante? E de ser, é vinculante a que?

  8. r.r. di:

    Á opinión de Gloria Lago.

  9. Xenial… sin máis. Non podo pensar nunha mellor metáfora para a película esta da enquisa.

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…