Lameira

Se cadra deberamos botarlle terra ó asunto, ¡oh, que inapropiada expresión!, pero no mundo do Cachuzo as cousas van máis lentas e aínda hoxe recibín este correo ordinario. Coma sempre, recomendo evitar a lectura dos incisos (contusos):

"Vaime permitir, don R.R. dos mortos blós, que lle envíe a miña opinión sobre o conflito máis quente do morredeiro blogomillo; é que alá, na casa de Pawley, está todo xa un pouco enlamado e tampouco quero poñerme do lado de George Custer XL Martínez Pereiro, máis que nada porque me poden caer a min de rebote as frechas que el merece. ¿Que por que as merece? Máis alá do dubidoso feito de contestar unha crítica, aínda que sexa con presunta retranca (eu son dos que cre que ós críticos non se lles contesta se non é ó xeito de antes, con pistolas e camiñar de costas a eles ata os vinte pasos de distancia), porque todo este problema vén do uso da palabra "conachada". Sen intención de ser freudiano nin mariaxoséqueizán, eu, que son máis ben de encher anos e tragar penes, destaco que se usa como despectivo un termo derivado dunha palabra que designa unha parte do corpo destinada a saída de incipientes monstros e, sobre todo, ó pracer: a cona, ¡e claro!, logo veñen as excitacións, a confusións, os malos entendidos, a xente quéntase sen se aliviar e acaba por perder a vista, o tacto, o olfacto, o siso...

Propoño cambiar conachada por carallada, incluso no libro (asumo eu os custos, se o estado tapou os buratos dos bancos e dos especuladores ben pode Zapatitos, guapetón, tapar os meus) e ninguén se sentirá ofendido. ¡E que vivan os machos!

Por certo, a min o libro gustoume, insisto. Recoméndolle que o lean ós que aínda non o teñan feito, que para iso deberan están as críticas, para discutir dos libros, e eludan converterse en Patiños e Mariñases en casa allea, incluído o autor. Por iso, polo de que o lin, non me quezo coa crítica e contracrítica e as reaccións en masa, eu sonlle así de frío pola miña orixe centroeuropea. Porque se fose polo de foder, dada a escaseza dos últimos séculos, estaría, moito máis alá do vulgar botar fume polas orellas, en proceso de sublimación.

Dixen.


PD: - O outro día estiven na Mostra Internacional de Teatro de Vilagarcía. - "De Ribadavia", dirasme ti, Rubicho papón... - Non non, de Vilagarcía -direiche eu -Feijóo na inauguración así o dixo no seu discurso, nada de Ribadavia: Vi-la-gar-cí-a. Dúas veces. Vilagarcía, Vilagarcía. Vese que o Mister Bean está en todo. Así que se o presidente o di, a partires de xa, Ribadavia será Vilagarcía. Por decreto. Vilagarcía do Avia. Para iso teñen maioría absoluta, ¡e que se fodan as minorías absolutas!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 Comentarios

  1. behaved 64
    Publicado 30 xullo 2009 en 17:17 | Ligazón permanente

    Martínez Pereiro, aínda que non o entenda, fíxolle un favor coma un trailer a Pawley e a outros.
    Agora, chamoume moito a atención a reacción case unánime contra o escritor cando retrucou. Algún dos que comentaron dixo que a crítica de Pawley era “ben formal”, e que a maneira de insultar de Pereiro (facendo coma quen que non insulta) era a “máis vella do mundo”. Pero se os dous falaron igual! Mi ma… O da conachada si que foi un insulto máis vello có ruído.
    Xa en serio, isto non é democrático. Se falas mal de alguén estás no teu dereito, pero ese alguén tamén está no seu de retrucarche. Se non entendes isto, es Rupert Murdoch.

  2. Publicado 30 xullo 2009 en 23:37 | Ligazón permanente

    Bueno, pero iso é porque os blogueiros cando nos poñemos de colegueo, somos a hostia. Todos. (Dígoo por iso da “reacción case unánime” e tal e cual).
    E si, conachada non é, nunha crítica, unha palabra moi axeitada para definir un libro aínda que a tomaras prestada del. Pero tamén deberamos saber que os críticos poden equivocarse, ou ter tendencias, e se os imos coñecendo sabemos que hai xente de quen fiarse e xente que non. Eu teño claro que as cousas que algúns críticos tiran polo chan hei de escoitalas, velas, lelas ou visitalas.
    En todo caso, a verdade máis verdadeira que di Don Behaved 64 é que XLMP fíxolle un favor ó blogomillo. Din meus pais que por Andalucía a xente, cando quedas teso de frío, di: “¡estás más tieso que el blogomillo en verano, quillo!”

  3. behaved 64
    Publicado 31 xullo 2009 en 17:15 | Ligazón permanente

    O de “reacción case unánime” é unha proba de que non podo fuxir por completo do dialecto de presentador de informativos que tanto abunda polos medios, internet inclusive, por moito que o intente sempre. Vamos, que se botaron tódolos do blogomillo a abourar no Martínez Pereiro, en román paladino, e iso non me gustou, porque o home estaba no seu dereito de dar que falar, igual có Martin Pawley.
    Diferimos, r.r., en que a min non me gusta o que escribe (Pereiro, digo). Xa desd’ As Irmás Bastardas Da Ciencia se me fixo algo cadriculado. Orixinal, todo o que se queira, pero a un sempre lle gustaron as cousas sinxelas e bonitas.
    Unha adelfa tamén o é, pero ese é outro conto.
    Siga por aí, leva ben o camiño.

Publica un comentario

O teu correo non será publicado nin compartido.

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…