O libro.

Non sei se esaxero, pero o menos que podo dicir é que me sorprende o que di sobre o concepto “libro” o presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas nesta entrevista. Se o sumamos a outras opinións que defende, para chorar. Máis sorprendente aínda é que, polo momento, non atopei ningún tipo de reacción a estas palabras. Supoño que é o esperable neste mundo (ou polo menos neste país) e neste tempo (ou polo menos neste falso verán).

Recoméndaríalle que, se non lle parece unha perda de tempo, lese este libro. “El fuego secreto de los filósofos“, de Patrick Harpur. Publicítano incluso nalgún xornal deportivo. Si, a verdade é que defendo os libros aínda que sexa só por disfrutar da súa beleza

Por certo, ó blogomillo en xeral pregunto: ¿hai alguén aí?

26 Responses to “O libro.”

  1. lúa di:

    alguén haberá, si, é posible. tamén é posible que nunca houbera ninguén.

    as vacacións son terribles!

    o libro está anticuado, si. non é posible que teña actualizacións. pero este señor sabe o que é a cultura?

    podo estar dacordo en que a cultura non é somentes a parte de letras, e que as ciencias tamén son cultura. pero este home pasa ao lado oposto completamente. comete o mesmo erro, que os de letras que “non necesitan” das ciencias para ser ‘cultos’.

    de tódalas maneiras era unha entrevista na que tiñan que polemizar as letras contra as ciencias…

    o verán fai estragos en todos os sitios.

  2. Zerovacas di:

    O libro, na súa dimensión funcional (libro de texto, de consulta) perderá presenza, mais é obvio que ten outras funcións, nas que o formato físico conta, e moito.

    E si, o blogomillo está de vacacións, definitivamente. Dalgo diso falaba Mario hai uns días

  3. De la Highway61 di:

    Eu xa ando por aquí, amigo, pero ando como afundido e triste. Son coma un pene que non se ergue, todo prepucio, desconcentrado, desconcertado e inútil. Unha auténtica mágoa de home, estou feito.

  4. R.R. di:

    Iso élle cousa do clima, amigo dlH61, pero ímolo suavizar cunhas birras na Forgüeisbriueri e un paseo pola feira do cómic. ¿Parécelle?

    Zerovacas, leva vostede razón.

    Lúa, é posible que algo de “pensamento veraniego” haxa nesa entrevista, si…

  5. Nacho di:

    Ola a tódolos blogueiros, algúns xa retornamos dunhas breves vacacións, e polo visto, aquí estamos a seguir sen disfrutar do calor veraniego.
    Eu non penso nin que o libro está anticuado, nin que vai desaparecer. É ben certo que como dí Zerovacas, o libro hoxe en día non serve como obra de referencia, consulta, a nivel científico… porque ten perdida a súa inmediatez. Pero en ningún caso é o planteamento de Carlos Martínez, o libro como fósil.
    Gústame o que dí Irene Zoe: “Los creadores, y los científicos también sois creadores, necesitan la imaginación, sin imaginación no hay investigación…”.
    Sobre este tema de ciencia versus humanidades é moi interesante a proposta que fai Xavier Seoane no seu Saudar a vida (Xerais)… a ciencia “loves” humanidades.
    Saúdos.

  6. R.R. di:

    ¡Aí estamos, Nacho, precisamente! Exactamente esa tese da imaxinación necesaria é a que se defende no libro de Harpur. E ademáis de necesaria, vendo como construimos o mundo, inevitable: que alguén que preside unha institución así non o imaxine…

    Outra cousa: moito me gustaría ter recomendado a lectura do libro de Seoane, pero é que aínda non o lin eu, cajiná. Apúntoo para lectura inmediata se o presuposto o permite.

    ¡Qué corta é a vida, carallo!

  7. Ana Bande di:

    Son tan pobres estas declaracións que só as vou empregar para recomendar tamén boas lecturas,xa o fixen cando lin “Saudar a vida”. Por suposto Xavier Seoane e un bo antídoto contra a dor de estómago que producen declaracións coma esta. Se fosen máis mozos diría que é consecuencia da ESO pero nestes casos semella que o índice de alfabetización afecta tamén as capas supostamente máis ilustradas do noso entorno. Certamente a incultura é atrevida:

    “¿Lo que nos preocupa a los científicos? Cómo podemos manipular el universo para ponerlo a nuestro servicio.”
    ¡¡¡ – ????? – !!!

    “Mi percepción es que las Humanidades, tu mundo, está en el pasado… Los libros te dicen poco… Son fundamentales para la educación, pero para la investigación no sirven… Yo los contemplo como un fósil o como un hueso, pero nunca como parte de lo que altera lo te rodea…”

    ¿¿¿ SEGURO QUE ESTE EJEMPLAR É O PRESIDENTE DO CSIC ??? TODO PODE IR A PEOR…NON SIGO LENDO!

  8. paideleo di:

    Eu tamen ando por aqui.

  9. Mario di:

    Non respondades ás provocacións!!! Xa sabedes quen son os verdadeiros violentos!!! E toda esta zarramallada de letras contra ciencias non nos distraerá demasiado da loita do proletariado? E sobre todo… quen lle dixo a esta alma cándida que os de letras non queremos dominar o mundo e servirllo como unha mazá ben peladiña e sen carozo aos dentes da loucura?

    PD: ese café fixado hai meses para cando era, xa pasou? Chama ou algo!!!

  10. De la Highway 61 di:

    Eu non lera a entrevista até agora. A verdade é que non é para tanto. Está claro que as declaracións deste home (e non quero ser avogado de ninguén) están sacadas de contexto e abreviadas, que forman parte dunha formulación máis ampla e matizada. E non todo o que di son tonterías. Pode ser opinable, pero non todo son tonterías. O que pasa é que a prensa é así, ten ese sitio para a entrevista e veña, a recortar e pegar.
    Para min, o mellor da entrevista e o verdadeiramente interesante é cando a rapaza recoñece que para entrar no CSIC hai que ter padriño. E collóns para recoñecelo, engado.

  11. R.R. di:

    Claro que hai recortes e descontextualizacións, mestre dlH61 e Mario, e polo tanto a figura dese home (presidente do CSIC) aparecerá deformada nese recorte de prensa: entre o que se di nunha entrevista e o que aparece nun papel falan tantas bocas que o que adoita aparecer é máis o ruído que as noces; non creo que ese home sexa un monstro nin un parvo (se o fose non tería chegado a ese cargo).

    Pero a miña opinión e a miña única fe é que nestes tempos de desigualdade e de dictadura da imaxe non estaría mal que os referentes culturais, de investigación, educativos, etc. tivesen ben claro que a lectura é un ben de imprescindible recuperación ou de necesario fomento se non queremos que a bola (e podemos tomar a palabra no doble sentido) siga medrando pola costa abaixo. O mestre dirá que non, pero ó poder interesámoslle iletrados. E tamén podo admitir relativizacións do tipo “nunca se leu tanto coma hoxe” ou “ler en Internet tamén é ler”, pero supoño que todos queremos que a cultura (que require esforzo) medre como xeito de resistencia fronte á tendencia natural do Home (¿pesimista?, si) e o libro segue sendo, hoxe por hoxe, o medio de lectura máis apaixoante, educativo, divertido e completo que existe. Que desde a presidencia dunha institución desa importancia se envíen mensaxes coma este paréceme, cando menos, perigoso. No tocante ós collóns da señora co asunto trifásico, estou de acordo co mestre, xD!

    O máis importante: esas cervexas e cafés están aí pendentes. Neste momento a miña retagarda non me permite ese tipo de distraccións, teño que estar alerta ;-D

    Paideleo, dei unha volta polo seu bló estes días e, a parte das fotos, tentei rematar ese test ó que puxo a ligazón pero como houbo interrupcións o resultado final deixoume co ego abaixo das toupeiras, xD!

    Señorita Bande: eu estoulle de acordo, iso foi o que debín ter feito eu: non acabar de ler a páxina, pero é que unha vez pagado un xornal teño o vicio de amortizalo…

  12. Ra di:

    Eco, ecooooo…

    (Besote, Don Rubén)

  13. hormiga di:

    Pois eu paso das declaracións efectistas sobre a importancia ou non dos libros e quedome co dato de se é dificil ou non entrar no CSIC. Así se resume a cousa:
    “C. M. Yo entré directamente de profesor, muy jovencito. No fue difícil, y te puedo decir que ahora está entrando gente joven.”
    Claro, eran outros tempos, botaron fora a todos os vellos e meteuse xente nova en todolos ámbitos. Agora ben, ¿cando imos nos botar fora ós mozos doutrora, hoxe xa vellos para ocupala sua cadeira?

  14. R.R. di:

    Hormiga: vai dar unha volta polo teu bló e verás que os libros son importantes: “La vida es Sueño”, cómics, poesía pre-ministerial… Así que falar deles de maneira “efectista” segue sendo perigoso e non deberamos “pasar” -insisto- e menos nestes tempos e desde institucións culturais.

    Tocante ó asunto da subsistencia, cada quen fala da feira como lle vai nela, e os que máis falamos somos os que estamos fóra e queremos ter un posto no mercado -eu son un bo exemplo, non hai máis que fozar un nadiña por este caderno. Antes deses que agora son ou van para vellos, probablemente houbo outros, e eles teñen cando menos o mérito de ser quen de telos botado, ou, no caso deste home, de estar no momento da creación do “chiringuito”, como din os fachas polo que fan “Los Otros”. De cambios está o mundo cheo: a política, as ciencias, as institucións e o goberno deste país incluído. Outra cousa é que non se saiba para qué, fóra das nóminas a fin de mes destinadas a contas bancarias de distinto titular. Pero é que aínda cheira peor que isto a nosa xeracional incapacidade para forzar o relevo, que ten moito que ver co individualismo galopante e co baratos que nos vendemos.

    Carallo, largo comentarios cada vez máis longos…

  15. Antonio Olives di:

    Faime graza iso de que na “ciencia tenemos la realidad”, en primeiro lugar por comentario prepotente, por pensar que é o elemento co que operan cando en realidade e un obxectivo utópico e inalcanzable. Pero tamén estaría ben que este señor, soubera que a realidade non só se compón de mazás que caen, alancas, obxectos que chocan, velocidades e aceleracións, hai unha realidade que non se mide, nin se pode meter nunha carretilla, cuxos átomos son as palabras e os significados (cousas que de verdade teñen incidencia na vida das persoas, a lo menos máis efecto que a comprobación de si “se expande el universo, es cóncavo o convexo”). E tal vez neste estudo os libros son algo máis que un fósil.

  16. R.R. di:

    Benvido, Antonio Olives, e gracias polo comentario. Estou absolutamente de acordo con vostede. Non podo dicir máis nin mellor.

  17. _nOx_ di:

    Parece mentira, y es muy triste, que los llamados cultos sean tan cerrados como para no entender

    a su reina roja. La ciencia, la investigación, no se mueve al paso de la tortuga impresa. Es una

    liebre que no se duerme. Si eres un investigador has de correr como el que más; esperar a la

    edición de un libro no es ser investigador, es ser aficionado a la ciencia, si tal.
    En cuanto a los pesados del “la realidad puede ser un engaño” a ver si somos consecuentes y

    dejamos de usar los resultados de la ciencia como pueden ser, sin ir mas lejos, un ordenador,

    internet o un blog. Dejad los telefonos móviles, los aviones, vuestro coche y ya de paso vuestras

    casas, televisiones y todo lo que científicos de varias generaciones han conseguido a base de

    estudiar el universo, de entenderlo y usarlo para nuestro beneficio. Dejad de defender lo

    invisible, inmedible, indemostrable y poético como verdad. Como entretenimiento y juego tiene un

    pase, pero de ahí a abanderarlo como verdad o posibilidad factible… coñooo… que por ese camino

    acabamos yendo todos a rezar a misa de 11.
    Dejad de una vez de ser estetas estancados en el siglo XVI y daos una vuelta por la Ilustración.

    Leches!

    -fran.-

  18. R.R. di:

    Terrorífico, maniqueo, demagóxico… Esta máñá cando lin este comentario, Fran, sentín como se se me acabase de aparecer un profeta e tiven medo a contestar, recoñézoo.Por non pasarme ou por non quedar curto. Pero serei conciso: se nalgún momento defendo o libro como verdade única, cíteme a min mesmo para desemborricarme, por favor. O único que fago é defenderme fronte a quen nega o libro, en ningún caso negar os avances da ciencia e a súa necesidade. Recoméndolle, por certo, un libro que pode axudarlle a cuestionar certos excesos paracientíficos: Caos y Orden, de Antonio Escohotado, se quere e non é alérxico, préstollo.

    Con respecto á afición, pois si; decía Charles Chaplin -admirado pallaso -que todos somos aficionados, que a vida é tan curta que non dá para máis. Así que o da verdade vén sendo soberbia, ó meu pobre -según vostede- entender.

    A resposta complétase, casualmente, na entrada do cinco de setembro de 2007 neste mesmo bló. Váialle a eses con electrónica e “o mundo ó noso servicio”.

    E non me paro máis.

    Señor Olives: de acordo.

    Saúdos prós dous.

  19. occam di:

    O CSIC xa hai moitos anos que non sabe onde está o norte. E a meirande parte deste despiste é responsabilidade do ronsel de presidentes inútiles que tivo nesta historia recente.

    Coincido con de la H61 no interesante da revelación acerca da endogamia da insttitución. É realmente noxento como se enchen a boca falando de independencia e transparencia dos procesos selectivos.

    E que dicir de Uxio Labarta, exdiputado independente do PSdG-PSOE e ex-ex-ex- militante da LCR, reconvertido agora a delegado do CSIC en Galicia. Uxio é unha auténtica master’s voice de Madrid por estos lares…

    Podería extenderme pero estoume a envelenar…

  20. R.R. di:

    ¡Ai qué janiñas tiña de que aparecese vostede por aquí, señor Occam!

    ¿Retiramos o libro logo como ferramenta científica?

    Como elemento para xogar neste contiño da vida creo que xa o demos por aceptado aínda que sexa cousa de preilustrados, Fran ;-D, ou, cando menos, doutros séculos…

  21. occam di:

    Non, conrariamente ó que dí o Presidente o libro é extremadamente importante nas ciencias experimentáis e técnicas cando se trata de coñecer o estado da arte dunha materia. No libro se recolle o máis requintado e sancionado, libre de palla, do coñecemento.

    Máis aló, o libro ten tamén un valor sicolóxico (ergonómico) é moitísimo máis agradable ler un libro que un monitor.

    A pesares dos novos soportes nunca, na historia, se fixeron máis libros, mesmo de ciencia.

    É certo que as revistas son muy útiles para estar ó día das novas científicas, pero ocupan un lugar diferente e complementario ós libros.

    Polo demáis eu fixen ou meu doutoramento no CSIC e coñezo ben as miserias (endogamia) da casa.

  22. _nOx_ di:

    A ver, que yo me aclare:

    1) Alguien puede afirmar sin prueba, medición o dato alguno (ni posibilidad de conseguirlo) que: “hai unha realidade que non se mide” (frase que tiene tanto peso como “hai un deus que non se ve” o “hai enanos verdes que corren á pata coxa debaixo dos coches que non somos capaces de percibir”) y no ser un maniqueo.

    2) El mismo puede decir que esa realidad de palabras y significados tiene mas incidencia en la vida de las personas que los avances en medicina, electrónica, transportes y física en general sin ser un demagogo.

    3) Alguien puede, desde un ordenador, a traves de internet y en un blog, decir que no sigue leyendo una entrevista porque le parece escandaloso que los cientificos quieran entender el universo y ponerlo a nuestro servicio sin resultar terrorificamente triste. . (por cierto que te crees que son la nevera, tu colchon tus medicinas o tu chapú? una idea poetica?)

    4) ‘A resposta complétase, casualmente, na entrada do cinco de setembro de 2007 neste mesmo bló. Váialle a eses con electrónica e “o mundo ó noso servicio”.
    Si vas al enlace que pones junto a la foto verás que se trata de personas que no tienen acceso a la electricidad ni a que el universo les sirva y que están debajo de las farolas estudiando. Son estudiantes de primaria y secundaria así que estudian lo que les mandan, pero espero que lo que les manden estudiar sea, sobre todo, física y matemáticas, porque no creo que estudiar literatura les ayude a mejorar su situación, ni a conseguir que sus hijos no tengan que estudiar debajo de una farola. (a menos que consigan una subvención, claro)

    La conclusión que saco de todo esto es que se puede decir cualquier tontería si se redacta correctamente y se le da un aire poético. Y que cualquier razonamiento se puede contradecir aludiendo a cosas “del alma” o directamente a la propia opinión.

    A ver si asumimos que escribir conlleva la responsabilidad de pensar dos veces lo que se escribe, que la gente tiene tendencia a creer lo que esta escrito solo porque esta escrito, si es de forma pedante, mejor. Que soltar a diestro y siniestro falacias y argumentaciones incompletas y facilonas hace un daño espantoso, desinforma. Cuando pienso que la gente se toma como ciertas las noticias cientificas de los periodicos… pa llorar.

    El problema es que los de ciencias suelen dedicarse a pensar y no a escribir…
    pero es que solo hablan los mendrugos!!!!!??

    -fran.-

  23. R.R. di:

    Señor Occcam, o de non ser quen de ler igual de cómodo nun monitor que nun libro a min tamen me pasa, así que supoño que é vicio xeracional que ha de extinguirse de aquí a pouco.

    Fran: insisto na miña anterior resposta ó teu primeiro comentario sobre “o libro”. E engado:
    1.- Hainas. Son o terreo para que podan conseguir subvencións e becas os científicos do futuro, claro, descubríndonos novos aspectos da realidade que aínda non somos capaces de medir. A intuición é necesaria para a ciencia, a fe, cando menos, para os que poñen a pasta (o que pasa é que case nunca é súa).
    Se quere unha demostración de que aplicar un método científico a “supersticións” fainas asunto serio e científico léase “Arthur e George”, de Julian Barnes.
    2.- Non é o meu caso aínda que estou cerca.
    3.- Si. É incluso recomendable.
    4.- Claro que lin as ligazóns, por iso as poño. Eu espero que ademáis de física e mates lles fagan estudiar aquelas cousas que foron da man delas na revolución ilustrada que ti nos recomendabas visitar. A algúns a literatura fainos levar mellor a vida (cousas da alma, sentimentos, pensamentos pouco científicos e chorradas desas). E saber ler aclara moitos malentendidos, incluso científicos.

    Mendrugo, preilustrado -, dice tonterías, no piensa dos veces lo que escribe, pedante, falaz, simple -o incompleto-, ¿son valoracións científicas ou da razón?

    Gracias.

  24. If you are looking for creative ways to make money, then the
    Team Beachbody Business Opportunity might be just what you are looking for. Team Beachbody has put together a great program where an average person can get in better shape and make money while they are doing it.

  25. custom closet di:

    custom closet…

    alicia crece » O libro….

  26. malwarebytes serial key 1.75…

    alicia crece » O libro….

  • Este blo apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • ¿Cousas que pasan?

    Pilón Tabarés
  • Presumindo de valor…